quinta-feira, 23 de setembro de 2010

UNHA NOVA XEIRA COMO FREE LANCE

Estimad@s amig@s. Son Carlos Meixide, licenciado en Xornalismo no ano 2000 pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois de 11 anos traballando para distintos medios de comunicación (prensa, radio e televisión), inicio unha nova andaina como xornalista free lance. Especializado en temas deportivos, culturais, políticos e sociais. Dende esta bitácora poderedes acceder aos traballos que vaia realizando a partir de hoxe (entrevistas, reportaxes, coberturas de eventos informativos, artigos de opinión...)

O meu último traballo profesional foi a dirección do programa de Televisión de Galicia Onda Curta, dedicado á promoción e difusión das curtametraxes en Galicia (Premio Mestre Mateo no ano 2010). Tamén para televisión tiven a oportunidade de cubrir grandes eventos informativos como a catastrofe do Prestige para a CNN+ (a través da produtora Olympus) ou a catástrofe das Torres Xemelgas en Nova York en setembro de 2001 para a Televisión de Galicia.

Alén do meu traballo xornalístico, gustaríame salientar tamén a miña faceta de escritor, tendo sido o autor da primeira novela galega editada na rede (O Home Inédito, Ediciós da Rotonda, ano 2003), máis tarde editada en papel pola Editorial Rinoceronte.

Sem comentários:

Enviar um comentário